Agasalla Coruña é unha iniciativa de impulso e apoio ao turismo, hostalería e comercio da Coruña. Con Agasalla Coruña, agasallas o de sempre, o local, o que tes ao lado da casa, que é o máis valioso da nosa cidade. Dámosche a oportunidade de que compartas e agasalles con lecer, moda, gastronomía, sensacións e experiencias. Elixe o teu agasallo favorito e dá prioridade aos negocios locais. Porque coas túas compras estás a axudar ás tendas e comercios da Coruña. … E ese, sen dúbida, é o mellor agasallo de todos.