Pedidos para o Día de Reis fóra da cidade de A Coruña (zonas limítrofes) ata o día 4 ás 15h.

Pedidos para o Día de Reis na cidade de A Coruña ata o 5 de xaneiro ás 10:30 horas.

Pedidos en formato dixital ata o 5 de xaneiro ás 11:30 horas.

1.Aviso legal

INTRODUCCIÓN

O presente documento ten como finalidade establecer e regular as normas de uso do sitio www.agasallacoruna.com (en diante, o “sitio web”), entendendo por sitio web todas as páxinas e os seus contidos, ás cales se accede a través do sitio web e os seus subdominios.

A utilización do sitio web atribúe a condición de “usuaria/o” deste e implica a aceptación de todas as condicións incluídas no presente aviso legal. A usuaria ou usuario comprométese a ler atentamente o dito aviso legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar o sitio web, xa que este e as súas condicións de uso recollidas no presente aviso legal poden sufrir modificacións sen aviso previo.

TITULARIDADE DO SITIO WEB

Para cumprir a Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico (LSSICE), informámola/o de que a titularidade do presente sitio web perténcelle ao Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, situado na rúa Sol, Edificio Sol, s/n, 15003 A Coruña, España e con CIF Q6550029 J. Pode vostede contactar connosco no correo [email protected] ou no teléfono 981 184 344.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparecen no sitio web son propiedade do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña ou, se é o caso, de terceiros que autorizaron o seu uso, sen que se poida entender que a súa utilización ou acceso ao sitio web e/ou aos contidos lle atribúa á usuaria ou ao usuario ningún dereito sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos, e sen que poidan entenderse cedidos á usuaria ou usuario ningún dos dereitos de explotación que existen ou poidan existir sobre os ditos contidos.

De igual modo, os contidos son propiedade intelectual do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña ou de terceiros, se for o caso. Por tanto, os dereitos de propiedade intelectual son titularidade do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña ou de terceiros que autorizaron o seu uso, a quen lles corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación destes en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación. A utilización non autorizada da información contida nesta web, así como a lesión dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña ou de terceiros incluídos na páxina que cedesen contidos dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

O contido, programas, información e/ou consellos expresados neste sitio web deben entenderse como simplemente orientativos. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña non responde de ningún xeito da súa efectividade ou exactitude, e queda exento de calquera responsabilidade contractual ou extracontractual coas usuarias e usuarios que os utilicen, xa que son elas e eles quen deberán decidir segundo o seu criterio a oportunidade destes. As ofertas presentadas no sitio web son válidas só na medida das existencias dispoñibles. As cores dispoñibles son meramente orientativas, xa que poden distar lixeiramente da cor final do produto.


Neste sitio web, pódense publicar contidos achegados por terceiras persoas ou empresas. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña non responde da súa veracidade e exactitude e queda exento de calquera responsabilidade contractual ou extracontractual cos usuarios e usuarias que os utilicen. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña resérvase o dereito de modificar o contido do sitio web sen aviso previo e sen ningún tipo de limitación. Así mesmo, declina calquera responsabilidade polos danos eventuais e prexuízos que puideren ocasionarse pola falta de dispoñibilidade e/ou continuidade deste sitio web e dos servizos que se ofreceren nel. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña non garante a ausencia de virus nin doutros elementos na web que puideren producir alteracións no seu sistema informático. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña declina calquera responsabilidade contractual ou extra contractual coas usuarias e usuarias que a utilicen e tivesen prexuízos de calquera natureza ocasionados por virus informáticos ou por elementos informáticos de calquera índole. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña declina calquera responsabilidade polos servizos que puideren prestarse eventualmente no sitio web por parte de terceiros. Todas as experiencias incluídas neste sitio web foron acordadas cos comercios e negocios adheridos á acción “Agasalla Coruña”, polo que o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña non se fai responsable dos cambios ou modificacións que puideren sufrir cada unha das marcas, tendas ou empresas participantes neste proxecto. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña declina calquera responsabilidade polos servizos e/ou información que se preste noutros sitios enlazados con este. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña non controla nin exerce ningún tipo de supervisión en sitios webs de terceiros. Aconsellámoslles ás persoas usuarias destes que actúen con prudencia e consulten as condicións legais eventuais que se expoñan nas ditas webs. As/os usuarias/os que remitan calquera tipo de información ao Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña comprométense a que sexa veraz e non vulnere calquera dereito de terceiros nin a legalidade vixente.

CONDICIÓNS DE USO DO PORTAL PARA OS USUARIOS E USUARIAS

A simple utilización do sitio web outorga a condición de usuario/a do sitio web, ben sexa persoa física ou xurídica, e obrigatoriamente implica a aceptación completa, plena e sen reservas de todas as cláusulas e condicións xerais incluídas no aviso legal. Se o usuario ou usuaria non estiver conforme coas cláusulas e condicións de uso deste aviso legal, absterase de utilizar o sitio web. Este aviso legal está suxeito a cambios e actualizacións, polo que a versión publicada polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña pode ser diferente en cada momento en que a/o usuaria/o acceda ao portal. Por tanto, a/o usuaria/o debe ler o aviso legal todas as veces en que acceda ao sitio web. A través do sitio web, o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña facilítalles ás persoas usuarias o acceso e a utilización de diversos contidos publicados por medio de Internet polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña ou por terceiros autorizados. O acceso ao presente sitio web é gratuíto, salvo no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións fornecida polo provedor de acceso contratado polas persoas usuarias. O/a usuario/a está obrigado e comprométese a utilizar o sitio web e os contidos de conformidade coa lexislación vixente, o aviso legal e calquera outro aviso ou instrucións de que sexa informado/a, ben sexa por medio deste aviso legal ou mediante calquera outro lugar dentro dos contidos que conforman o sitio web, así como coas normas de convivencia, a moral e bos costumes xeralmente aceptados. Queda expresamente prohibido usar o sitio web con fins lesivos de bens ou intereses do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña ou de terceiros ou que de calquera outra forma sobrecarguen, danen ou inutilicen as redes, servidores e demais equipos informáticos (hardware) ou produtos e aplicacións informáticas (software) do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, ou de terceiros. Se a ou o usuario souber que os sitios enlazados remiten a páxinas cuxos contidos ou servizos son ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos ou contrarios á moral, agradeceriámoslle que contactase co Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.

HIPERENLACES

Aquelas persoas que se propoñan estableceren hiperenlaces entre a súa páxina web e o sitio web deberán observar e cumprir as condicións seguintes:

Non será necesaria ningunha autorización previa cando o hiperenlace permita unicamente acceder á páxina de inicio pero non poderá reproducila de ningún xeito. Calquera outra forma de hiperenlace requirirá a autorización expresa e inequívoca por escrito por parte do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.

Non se crearán “marcos” (“frames”) coas páxinas web nin sobre as páxinas web do sitio web.

Non se realizarán manifestacións nin indicacións falsas, inexactas ou ofensivas sobre o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, a súa dirección, o seu persoal traballador ou colaboradores, ou sobre as persoas que se relacionen no sitio web por calquera motivo, nin das usuarias e usuarios do sitio web ou dos contidos subministrados.

Non se declarará nin se dará a entender que o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña autorizou o hiperenlace ou que supervisou ou asumiu de calquera forma os contidos ofrecidos ou postos ao dispor da páxina web en que se establece o hiperenlace.

A páxina web en que se estableza o hiperenlace só poderá conter o estritamente necesario para identificar o destino do hiperenlace.

A páxina web en que se estableza o hiperenlace non conterá informacións ou contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.

DISPOÑIBILIDADE DOS CONTIDOS

A prestación do servizo do sitio web e dos contidos ten, en principio, unha duración indefinida. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, con todo, queda autorizado para dar por rematada ou suspender a prestación do dito servizo do sitio web e/ou de calquera dos contidos en calquera momento. Cando iso for razoablemente posible, o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña advertirá previamente a finalización ou suspensión do sitio web.

IDIOMAS

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña resérvase o dereito de traducir o presente aviso legal, a súa política de privacidade, as súas condicións de compra, a súa política de cookies ou calquera outra norma operativa, política ou procedemento que puider ser publicado na web.

CONTACTE CONNOSCO

Se ten vostede calquera pregunta sobre as condicións reflectidas neste aviso legal ou se lle gustaría facer calquera #suxestión ou recomendación, por favor diríxase a nós a través do correo electrónico [email protected].

COMO COMPRAR:

Comprar na nosa web é moi sinxelo: só ten que elixir as experiencias que desexe e incorporalas á cesta premendo sobre a icona “Engadir ao carro” e tramitar o pedido. Deberá empregar o medio de pago dispoñible (tarxeta bancaria). O proceso de pedido realízase nos seguintes pasos: web > elixe produto > elixe cantidade > finalizar compra > datos de entrega e forma de pago > confirmar pedido
 Unha vez concluído con éxito o proceso de compra, recibirá un correo de confirmación co número de referencia que identifica o seu pedido e o resumo da compra. Por favor, revíseo e gárdeo como recibo do que está a comprar, para futuras comunicacións.

CÓMO PAGAR

O pago poderase realizar mediante unha tarxeta de crédito (Visa ou Mastercard). Os clientes e clientas garanten que están plenamente autorizados/as para utilizaren a tarxeta de pago. Só as persoas coa capacidade xurídica necesaria para formalizaren contratos relativos á clase de bens e servizos propostos neste sitio web poden realizar pedidos en www.agasallacoruna.com. Ao facer clic no botón “Realizar compra” durante o proceso de realización dun pedido, a clienta ou cliente declara que acepta plenamente e sen reservas todas as condicións xerais de uso e contratación.

Os datos arquivados polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña constitúen a proba de todas as transaccións realizadas entre o dito consorcio e a súa clientela. Así mesmo, unha vez efectuado o envío do produto solicitado, informarase por correo electrónico do dito envío.

Os prezos das experiencias están indicados en euros e figuran con todos os impostos incluídos, así como os custos de preparación e de envío. A participación nos custos de preparación e de envío enténdese tamén con todos os impostos incluídos. As tendas e comercios adheridos a esta iniciativa de venda de experiencias web resérvanse o dereito de modificar estes prezos en calquera momento. Con todo, os produtos facturaranse sobre a base das tarifas en vigor no momento do rexistro dos pedidos. Todos os bonos, tanto individuais como de experiencias cruzadas, levan incluído o IVE correspondente.

En caso das categorías Estancias, Gastronomía e Mimos será imprescindible realizar unha reserva previa e sempre estarán suxeitas á súa dispoñibilidade. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña resérvase o dereito de rexeitar calquera pedido dun/dunha cliente/a con quen exista un litixio ou prevexa que pode ser unha compra fraudulenta.
 O cliente ou clienta declara estar conforme coa información e aceptar as presentes condicións xerais de contratación antes de efectuar a súa compra. Desde a validación da súa compra, enviaráselle un correo electrónico de confirmación de compra que recapitulará a integridade do seu pedido (a natureza dos produtos enviados, a cantidade e o prezo).


Unha vez que se realice o pagamento con tarxeta, enviaremos unha petición de débito ao banco do cliente ou clienta; o importe non será debitado da conta até obter a autorización do banco. Se se producir un rexeitamento do banco, o pedido será anulado de forma automática e o/a cliente/a será informado/a por correo electrónico. O sitio web conta cun sistema de pago seguro a través da plataforma electrónica de Abanca. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña non ten nunca acceso ás informacións confidenciais relativas aos medios de pagamento.

Nos pedidos para fóra da Unión Europea, Canarias, Ceuta, Melilla e Andorra, todas as tarifas e impostos asociados correrán por conta do comprador ou compradora, de acordo coas disposicións legais vixentes. Neste envío, tomarase como valor declarado para os efectos de aduana o importe da factura en euros. O importe dos impostos de aduana varía en cada país e debe ser aboado en efectivo no momento en que se reciba o envío. Os envíos a países de fóra da Unión Europea, Canarias, Ceuta, Melilla e Andorra facturaranse sen IVE.

2.Política de privacidade

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, co fin de cumprir o Regulamento (UE) 2016/679, xeral de protección de datos (RXPD), a normativa nacional vixente de aplicación na materia e a Lei de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico 34/2002, do 11 de xullo (LSSICE), mantén un compromiso de rigoroso cumprimento da lexislación vixente sobre tratamento de datos persoais e seguridade da información, co obxecto de garantir que a recollida e tratamento dos datos facilitados pola súa clientela se efectúan baixo niveis de seguridade que impiden a perda ou manipulación dos datos.

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Os datos persoais recollidos a través dos formularios residentes en www.agasallacoruna.com incorporaranse a un ficheiro de datos propiedade exclusiva do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña. Os datos proporcionados serán tratados coa finalidade de xestionar as relacións coas persoas usuarias do sitio web así como as relacionadas cos servizos ofrecidos por Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, para permitir a contratación e prestación de servizos. Estes datos persoais tamén poderán ser tratados coa finalidade de xerar perfís de usuario e remitirlles, por vía electrónica, postal e telefónica (incluíndo alertas por SMS, ou outros medios de mensaxería análogos) información comercial personalizada sobre os produtos ou servizos ofrecidos polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, coa condición de que as e os usuarios prestasen previamente o seu consentimento e participasen en enquisas de satisfacción. Os datos persoais recollidos a través do sitio web non serán obxecto de cesión a ningún terceiro. Os usuarios e usuarias deberán notificarlle ao Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña calquera modificación que se produza nos datos facilitados e responder, en calquera caso, da veracidade e exactitude dos datos subministrados en cada momento. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña procurará comprobar dilixentemente a veracidade dos ditos datos e reservarase, de ser o caso e sen prexuízo doutras accións que puideren corresponderlle, o dereito a non rexistrar ou a dar de baixa a aqueles usuarios ou usuarias que facilitaren datos falsos ou incompletos. A dita verificación previa non implica en ningún caso a asunción de responsabilidade ningunha polos danos ou prexuízos que puideren derivarse da falsidade ou inexactitude dos datos fornecidos, dos que responderá unicamente o usuario ou usuaria. En todo caso, o/a usuario/a terá dereito a solicitar e obter información dos seus datos de carácter persoal incluídos nos seus ficheiros automatizados responsabilidade do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e, se for o caso, a exercer os dereitos de rectificación, cancelación, oposición, portabilidade e esquecemento, que o asisten como titular dos datos. Poderá facelo remitindo un correo a [email protected] Para exercer os ditos dereitos, será necesario que a/o usuaria/o acredite a súa identificación enviando unha fotocopia do seu DNI.

SEGURIDADE DA INFORMACIÓN

No Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña somos conscientes da importancia de garantir a seguridade do tránsito da información coa nosa clientela e, para iso, contamos coas máximas medidas de seguridade que garanten a confidencialidade das comunicacións. A conexión ao servizo transaccional de compra en liña realízase a través dun servidor seguro. O servidor seguro SSL (Secure Socket Layer) establece unha conexión de modo que a información se transmite cifrada mediante algoritmos de 128 bits, que aseguran que só é intelixible para o ordenador do cliente ou clienta e do servidor do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e que cumpre as condicións de pseudonimización que establece o RXPD. Pode verificar que a conexión se está realizando a través dun servidor seguro comprobando algún dos seguintes aspectos: Mediante o enderezo (URL) do servidor, xa que nun servidor seguro comeza por https: cando normalmente o fai por http. A través dunha indicación do seu programa navegador consistente en que nunha das esquinas inferiores da pantalla aparece unha chave enteira (no canto de rota como en calquera servidor non seguro) ou un cadeado pechado (no canto de aberto como en calquera servidor non seguro).

USO DE COOKIES

Algunhas das páxinas de personalización do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña utilizan cookies propias e de terceiros. Unha cookie é un arquivo de texto que un servidor web pode gardar no disco duro dun equipo para almacenar información sobre o usuario ou usuaria. Só pode ser lida polo sitio web que o enviou ao equipo. O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña emprega cookies coa finalidade exclusiva de mellorar e personalizar o servizo web que lle ofrece á súa clientela a través das súas páxinas en Internet. A información que o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña almacena nos seus servidores unicamente é accesible para o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e permite recoñecer a/o usuaria/o nas súas próximas visitas ao noso sitio web, realizar medicións estatísticas e analizar as súas visitas e preferencias, todo iso co obxectivo de lle prestar un mellor servizo e presentarlle ofertas e propostas adaptadas ao seu perfil de cliente/a. Para máis información, pode consultar a nosa política de cookies.

GOOGLE ANALYTICS

A nosa páxina web utiliza Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”). Google Analytics utiliza cookies que son arquivos de texto situados no seu ordenador, para lle axudar ao sitio web a analizar o uso que fan as persoas usuarias do sitio web. A información que xera a cookie acerca do seu uso do sitio web (incluíndo o seu enderezo IP) será directamente transmitida e arquivada por Google nos servidores de Estados Unidos. Google usará esta información pola nosa conta co propósito de seguir a pista do seu uso do sitio web, recompilando informes da actividade do sitio web e prestando outros servizos relacionados coa actividade do sitio web e o uso de Internet. Google poderá transmitir a dita información a terceiros cando así llo requirir a lexislación ou cando os ditos terceiros procesen a información por conta de Google. Google non asociará o seu enderezo IP con ningún outro dato do que dispuxer. Pode vostede rexeitar o tratamento dos datos ou a información rexeitando o uso de cookies mediante a selección da configuración apropiada do seu navegador. Aínda así, debe vostede saber que se o fai é probable que non poida usar a plena funcionabilidade deste sitio web. Ao utilizar este sitio web, vostede consente o tratamento de información acerca de vostede por Google na forma e para os fins arriba indicados. Para máis información, consulte a páxina oficial de Google: https://policies.google.com/technologies/types?hl=es

MEDIDAS DE SEGURIDADE

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña garante que adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais legalmente requiridos, acordes co tipo de datos solicitados e instalou todos os medios e medidas de índole técnica, persoal e organizativa para garantir a confidencialidade, integridade e calidade da información, así como para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados. Así mesmo, o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña infórmaa/o de que todos os datos que introduza no sitio web serán tratados de acordo coa normativa e cos protocolos de seguridade que resultaren aplicables.

MODIFICACIÓNS

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña resérvase o dereito de actualizar a súa política de privacidade no momento que o considerar oportuno. Nese caso, comunicaráselles ás e aos usuarios. Por esta razón, pedímoslle que comprobe de forma regular a presente política de privacidade para ler a versión máis recente da política de privacidade do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.

3.Condicions

COMPRAR

Para comprar na nosa web de experiencias locais, o único que ten que facer é elixir os artigos que desexe e incorporalos á cesta pulsando sobre a icona de “Engadir ao carro” e tramitar o pedido empregando o medio de pago dispoñible. Aceptamos tarxeta de crédito (Visa ou Mastercard). Os bonos experiencia (tanto individuais como cruzados ou combinados) son únicos e producíronse exclusivamente para esta acción de impulso e apoio ao comercio. Por tanto, a experiencia que se compre non se poderá devolver nin cambiar por diñeiro en efectivo nin por ningunha outra experiencia do mesmo importe ou superior.

RESPONSABLES DE LAS VENTAS

La responsabilidad derivada de las ventas realizadas a través de este sitio web será del negocio o profesional que en cada caso ejecute las mismas. El titular del sitio web no será responsable en ningún caso de la venta defectuosamente ejecutada o de las faltas de conformidad con los productos vendidos, que recaerán en cada caso sobre la empresa o profesional que intervenga en su ejecución. Asimismo, la organizadora de viajes, VIAJES ORZÁN S.L. interviene como minorista en la comercialización de los alojamientos turísticos ofertados en este sitio web incluidos en las denominadas Experiencias Cruzadas.

ENVÍOS

www.agasallacoruna.com é unha web de venda de experiencias, non de produtos, co obxectivo de promover o consumo local. O que se ofrece é un bono para gastar no hotel, comercio e/ou establecemento seleccionado mais nunca será un produto. Os bonos teñen unha caducidade dun ano desde o momento de compra. Os tempos de entrega variarán entre 1 e 3 días laborables. Así mesmo, o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña non será responsable de ningunha demora ou incumprimento das súas obrigas derivadas das presentes condicións relacionadas coa Covid-19. Esta disposición non afecta ao seu dereito a recibir o produto nun prazo razoable.

Los tiempos de entrega variarán de entre 1 a 3 días laborables.
Asimismo CONSORCIO DE TURISMO Y CONGRESOS DE A CORUÑA no será responsable de
ninguna demora o incumplimiento de sus obligaciones derivadas de las presentes condiciones relacionadas con la Covid-19. Esta disposición no afecta a su derecho a recibir el producto en un plazo razonable.

DEVOLUCIÓNS

Se o pedido chegase con algún dano escríbanos a [email protected] nun prazo de 5 días laborables desde a súa recepción e manteña o paquete no estado no que o recibiu para que o poidamos xestionar.

4.Política de cookies

Esta política de cookies, forma parte da Política de Privacidade do sitio web aloxado baixo o nome de dominio www.agasallacoruna.com (o “sitio web”). Utilizamos cookies para facilitar a navegación, mellorar a calidade dos nosos servizos e mostrarlle información relacionada coas súas preferencias. Esta política de cookies é parte integrante das condicións xerais e da política de privacidade. O acceso e a navegación no sitio web pola persoa usuaria, ou o uso dos seus servizos, implican a aceptación das condicións xerais, da política de privacidade e política de cookies. Por favor, léaas atentamente. Queremos que a súa experiencia no sitio sexa o mellor posible, e por ese motivo escribimos esta política de cookies da forma máis transparente posible.

QUE SON AS COOKIES?

As cookies son arquivos que conteñen pequenas cantidades de información que se descargan no dispositivo que o/a usuario/a emprega cando visita un sitio web. A súa finalidade principal é recoñecer a persoa usuaria cada vez que accede ao sitio web e permítenos, ademais, mellorar a calidade e a usabilidade da nosa web.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar tu visita. Puedes permitir su uso o rechazarlo. Dispones de más información en nuestro aviso de Cookies.