Experiencias de Librería Santos Ochoa
A Librería - Papelería Santos Ochoa está situada na Rúa Teresa Herrera nº3, entre a Praza de Lugo e a Praza de Pontevedra. Mais que unha mera librería considerámola un lugar onde poder disfrutar dun entorno agradable e atopar libros de todo tipo; as últimas novidades, os libros mais recomendados e os que non o son tanto. Tódolos xéneros teñen cabida nas nosas librerías, aínda que non todos caben nos estantes, evidentemente. Se hai algún libro que desexas e non está nese momento sempre cho conseguiremos se existe. Non queremos que ninguén se quede sen un libro só porque sexa difícil de atopar. Isto é unha máxima na nosa filosofía de traballo. Tamén dispoñemos dun amplo surtido de papelería tradicional, escolar e de oficina para cubrir tódalas necesidades dos nosos clientes nese aspecto. De igual maneira que cos libros, se non dispoñemos de algunha peza no momento, conseguirémola sempre que nos sexa posible.
A zoa de Boutique de Papelería ofrece complementos de última tendencia e de alta calidade para que todos poidan ir á última moda e sempre teñan os mellores produtos ao seu alcance; Mr. Wonderful, Anneke, Santoro of London, etc. son algúns dos fabricantes de artigos que temos para ofrecer a tódolos nosos clientes. Os máis pequenos teñen en tódolos Santos Ochoa un lugar especial. Con un dos máis amplos surtidos de libros infantís e xuvenís de toda Galicia xunto con unha selección exclusiva de xoguetes educativos, para tódalas idades, especialmente deseñados non só para divertirse se non para estimular distintas áreas do desenvolvemento dos rapaces e rapazas mentres o pasan ben e xogan felices.
Gústanos que tódolos que veñan a Santos Ochoa se atopen cómodos coma na súa casa. Que poidan mirar, pasear, consultar, ollar, preguntar sen reparos e sen presas, polo tema que sexa que traen en mente. Sempre faremos todo o posible para axudarlles en todo o que poidamos. Unha vez feito todo isto e chegado o momento de irse da librería o que máis nos gustaría e que ao saír da librería a todos lles quede a sensación que lles gustaría volver en máis ocasións. Neste enlace pódese ver o emprazamento exacto da librería así como o acceso á nosa web: https://www.santosochoa.es/librerias/TER/Teresa_Herrera_Coru__a